Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

‘Paralizaron miles de vivendas en Barreiros para nada’


O título corresponde a un titular de xornal de onte. As verbas son postas en boca do alcalde de Barreiros. E estou de acordo con elas, pero coido que por motivo diferente que o alcalde.

A postura do alcalde ven sendo a de ‘vedes, non hai nada, deixade de molestar’, amparándose en resolución xudicial. Polo contrario, penso eu que o enfoque debera ser algo así como ‘está visto que tal e como están as cousas non se pode facer nada; hai que cambialas’.

A diferencia entre ambas posturas é fundamental, e quizáis máis en época electoral como a presente. Non o crees así?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *