Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.492 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Medallas


    Onte foi día internacional, tamén en Ribadeo. Por fin, varias medallas olímpicas nun só día. E non só iso, senón que unha, a de David Cal, é reclamada por algúns medios como de tintes mariñáns (lembrarei cando vaia en bicicleta, ou nade, ou corra, que o meu esforzo ten parte nunha medalla olímpica …). Pero, máis caladamente, enterámonos onte doutra medalla: a de bronce de Amancio Ortega no ámbito de acumulación de cartos. A outra cara desa moeda, a de ouro no soldo mínimo no conxunto europeo, xa saíra nalgún xornal hai algún tempo. Tamén aquí terei algunha lembranza na miña cota nesta medalla, tanto á hora de comprar como á hora doutras cousas menos importantes como o diferencial de impostos entre rendas.

    Parece que seguirei contribuíndo a todas esas medallas (e a outras): facer deporte contribúe ó benestar (nestes tempos, din que ata contribúe máis que a boa sanidade …) e fágoo de xeito voluntario. Respecto á ascensión en cartos das grandes fortunas do país, e respectando ós emprendedores na súa valía, parece que seguirei contribuíndo de xeito non tan voluntario, dado que, por exemplo, vanme cargar máis do 1% no IRPF, 1% que lle aplican ás grandes fortunas nos chiringuitos legais que teñen montados e máis aínda da penalización pola regularización de cartos evadidos (é dicir, pagos + castigo incluído) a facenda en anos pasados … entre outras cousas.

    Para aclarar, só un par de citas:

“(…) el cocinero explicó:

-Los he reunido para preguntarles con que salsa quieren ser comidos.

Entonces, alguno de los invitados dijo:

-Yo no quiero ser comido de ninguna manera.

El cocinero dio por finalizada la reunión.”

(Setiembre 6, E. Galeano, Los hijos de los días)

“-Colbert: Pero ya no podemos lanzar más impuestos sobre los pobres.
Mazarino: Es cierto, eso ya no es posible.

Colbert: Entonces, ¿sobre los ricos?

Mazarino: Sobre los ricos tampoco. Ellos no gastarían más, y un rico que no gasta, no deja vivir a cientos de pobres.

Colbert: Entonces, ¿cómo hemos de hacer?

Mazarino: ¡¡Colbert, tú piensas como si tuvieras el
cerebro como un queso de Gruyère!! ¡¡Hay una cantidad enorme de gente
entre los ricos y los pobres!! Son todos aquellos que trabajan soñando
en llegar algún día a ser ricos temiendo llegar a ser pobres. Es a estos
a los que debemos gravar con más impuestos… ¡cada vez más… siempre
más…! A estos, cuanto más les quitemos, más trabajarán para recuperar lo
que les robamos. ¡¡Son una reserva inagotable!!”

(http://maestroviejo.wordpress.com/2012/07/24/dialogos/)

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *