Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Non remataría aínda?


Refírome ás novas que se van acumulando, todas no mesmo sentido, e que non son a crise, nin afectan negativamente a quenes a provocaron, pero que se nos daban como consecuencia dela, e mesmo os últimos tempos, xa xa nin eso. Resumindo:

Facilidade de despido. Rebaixa do soldo a visto bó da empresa. Diminución da protección sanitaria, social, sindical. Reforzo da opacidade institucionalización (eso que se di que van sacar unha lei de transparencia). Perdón ós defraudadores económicos sentenciados. Amnistía ós defraudadores non cazados, e diminución de impostos ós mesmos. Préstamo público ós bancos ó 1% para reemprestar ás institucións públicas á porcentaxe que queiran. Absorción (e reabsorción) da corrupción nas institucións. Emprego de representantes públicos nas empresas. Emprego de interesados nas empresas en cargos públicos. Duplicación de funcións (e gastos) institucionais, con reiteradas promesas de diminución e incumprimentos a continuación. (engadir aquí as que se me quedaron polo camiño … que son lexión -abondo máis que as que poño-, pois aínda que lembro outras moitas, para mostra, un botón) E, polo momento, a última (que saiu á luz pública): pago de 40M € por esixir que non se vulneren as normas da ONU sobre bombas de racimo. Bo, pensándoo ben, de seguro xa saiu á luz pública outra máis e non me enterei aínda…

Ataque ó goberno? Non, non a un, a moitos, aínda que me esteña a referir a España. [Indo ó estranxeiro, aínda que chegan menos novas dalgunhas cousas, e a ‘densidade media de malas novas’ parece nestes momentos menor que aquí, tería que referirme a cousas como a profunda tristura do FMI pola morte ‘dun grego’]

… quizáis, só quizáis, agora se esteña transparentando máis o que pasa. Total, a impunidade é a norma (é dicir, non pasa nada por ser transparente) …


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *