Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Máis Galiza


Nestes tempos nos que unha corrente que pide ‘máis Galicia’ está pensando (e de paso, desgarrándose) en se sumar votos para tentar lograr máis para Galicia ou ir por libre aínda a conta de restarllos a outra xente que tamén anda querendo algo máis para Galicia, tamén máis e máis Galicia pasa a estar fóra de Galicia.

Eso din as estatísticas. Deixo un gráfico feito por min con datos do INE en relación co censo de residentes ausentes este anos:

A prensa di que a crise agudizou as saídas. E si, pódese ver que a curva é agora máis inclinada que antes. Pero tamén que antes o censo estaba medrando xa. E, por outra banda, os residentes en Galicia somos cada vez menos (non é a primeira vez que trato o tema), co que a porcentaxe de ‘externalización’ sube como a escuma, pasando xa do 14% da poboación e sendo máis do 50% en varios concellos. Señores, ‘Máis Galicia’ é necesaria se queremos ter algo de Galicia. Pode que teñamos que decidir que é ‘Máis Galicia’, pero fagámolo rápido se queremos ter algo que decidir.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *