Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De pasada


Polo que parece, Ribadeo é seguro. Pero os ladróns andan unha e outra vez de pasada por aquí. E unha nova xunta de Seugridade otéase no horizonte despois de que o alcalde a pedira. Máis xunta de seguridade = máis seguridade? Visto o que se fai (polo menos o que se transmite delas)  e as consecuencias a continuación, non parece que sirvan para moito. Neste caso concreto, hai unha proposgta (á que se recorreu xa máis veces): máis prexenza policial.

Saía na prensa hai pouco tempo que a nivel nacional estaban diminuíndo os cartos para a sanidade e a educación, e con eles, as prazas, cargando con máis traballo ós profesionais de ambas ramas. Ó mesmo tempo, difundíase a nova de que as ‘forzas de seguridade’ aumentaban. En Ribadeo, tamén. As competencias sobre sanidade e educación non son locais, pero as forzas locais piden beneficiarse (ó tempo que impulsan por medio desa petición)  dese aumento en forzas de seguridade.

E voltemos ó comezo. A petición baséase na forza de disuasión. Sábese que ese efecto existe, pero quizáis outras decisións, baseando máis na formación cidadán e na colaboración non só entre as diversas forzas, senón tamén cidadáns, dera tanto ou máis resultado, liberando algún carto para outros lugares máis produtivos. Claro que a colaboración cidadana para ser efectiva tería que estar inetgrada na mecánica de decisións e valoracións, non illada e separada do que se fai nas esferas de poder … e comezaríamos de novo a falar non só de deberes cidadáns, senón de dereitos, como á información, á transparencia, á decisión, e iso parece gustar menos por calquera lugar que se mire. Aí está, en Ribadeo, aparcado o regulamento de participación cidadá (despois de que fora alegado por exemplo polo Tesón por pouca participación cidadá)

Por certo, onte puxen unha entrada sobre un roubo abondo maior…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *