Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Quitando altura


Coido que a nova de hoxe en Ribadeo está clara: o alcalde apura a rebaixa de alturas ilegais.

Con maioría absoluta está visto que se poden facer moitas cousas, ó tempo que outras posibles quedan no caixón das antigüidades ou das cousas caídas no limbo. E á actual alcalde hai que recoñecerlle que pasiño a pasiño vai facendo moitas cousas que parecía que non ía dar feito. Claro que, polo camiño, quedan outras que serían máis inmediatas ou sinxelamente, de máis atención continuada e ás que non se lle ve unha solución. Aí están a residencia de maiores, as vidrieiras do cemiterio, a Torre dos Moreno, a volta do xulgado, … ou mesmo cousas administrativas como o regulamento de participación cidadá, ou outras como que Ribadeo non dispoña aínda dunha casa da xuventude que actúe como tal (en Villalba leva máis de 20 anos actuando, e notándose). Claro que no dito anteriormente, unha relación incompleta, habería que establecer categorías, urxencias e posibilidades.

Por outra banda, a nova das alturas manifesta tamén diferenzas da nosa alcaldía con outras veciñas. E neste caso, alomenos, diferenzas positivas.

Claro que hai outras novas que quizáis afectan a Ribadeo máis, aínda que xeradas a moita distancia, como a rebaixa de dous escalóns da ‘nota’ que unha das axencias de cualificación da débeda lle asigna á española


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *