Neste agradable, mesmo caluroso ás veces, verán setembrino que estamos a vivir, apetece meterse na ría e nadar un pouco. Se hoxe te vas cara ó tesón da Vila Vella e te das un paseo en marea máis ben baixa, atoparás cunha pequena escultura como a que amoso abaixo
A ‘escultura’ é un depósito deixado no tesón, coa zona de vaciado e as patas cara enrriba, cunhas dimensións que estimo en 80 cm de beira, ou algo menos. como está preto da zona marisqueira podíase pensar que é un artiluxio deixado alí ser usado. As patas arriba indican que non é así. Como chegou ó medio da ría (pódese apreciar abaixo nunha imaxe tomada do sigpac que é literalmente ‘o medio’), un misterio para min. Aparte diso, simple lixo que representa ademáis un perigo para a navegación.
En vermello, lugar aproximado do depósito. Nos extremos , o espolón dos bloques e a liña de costa do Costal na zona galega, e o peirao de Castropol, na asturiana. |
Por certo que no interior da rada dos bloques leva xa moito tempo (dende comezos do verán 2010, creo lembrar) unha rama chantada tamén a modo decorativo que se ve perfectamente a partires de media marea. Se unha rama é algo natural, o depósito non o é, e manifesta unha vez máis, que a ría debera coidarse máis.
Quería ofrecer un contrapunto hoxe, día de festa en Ribadeo aínda que non haxa iluminación especial como outros anos (faría falta?), no que terán lugar esta noite os fogos do sete. Dame a posibilidade unha exposición que está próxima a rematar na Oficina de Turismo, con imaxes tenras e un catálogo publicado que se pode usar para mirar de cando en vez e dar lugar a pensar un pouco sobre a beleza da vida.
Da exposición que hai estes días na Oficina de Turismo, Fraternidade |