Amencer na Illa Pancha (F. Graña)
No verán é máis difícil coller un amencer: o sol levántase antes. A illa Pancha, nesta foto de Farruco, a parte de presentar unha perspectiva que só se da no amencer destes días, preséntanos un sol saíndo moitos graos ó norte, uns 30º, plenamente no mar, facendo parella coa foto publicada hai uns días sobre o solpor.
Solpor co Sol preto do faro da punta da Cruz |
É unha perspectiva diferente sobre un mar en calma,tanto ó nacer o Sol como ó marchar, cunha calma especial sobre a ría.