A nosa función? votar. Estamos nunha democracia representativa, non? Unha volta elixidos os representantes, nós tranquilos, xa estamos representados. Ata dentro de catro anos na vía municipal.
A perda de dereitos asociada a ese xeito de actuar é evidente. Era aló polo 2005 cando a un alcalde, nunha mesa redonda no salón de actos da casa do mar selle ocorreu dicir algo así como que estaba facendo o que quería, e que se había algo que protestar, xa virían eleccións. Nese momento, interrumpín a súa disertación (non lembro ter interrumpido outra disertación pública de tal xeito)para dicirlle que non seguira por ise camiño, que a rendición de contas é tódolos días, que somos cidadáns cos mesmos dereitos que os políticos. O caso é que daquela armouse un pequeno revuelo, e cousa dun par de anos despois, o alcalde deixou de selo.
Perder dereitos é do máis doado. Chega con non usalos. Xa haberá quen os use. A democracia necesita participación para ser ‘real’, o que significa unha actividad participaciva consciente, un esforzo diario nese sentido, en axudar a construír o noso futuro. Hai moitos lugares onde se explica isto. Hoxe mesmo recibín unha ligazón a un vídeo sobre a participación e os problemas dos que gozamos na actualidade. É unha posibilidade máis de ilustrarnos sobre o tema. Hai moitas.
Que falta pois? a nosa prticipación consciente no día a día. Iso é o que reclaman os indignados do 15M. Iso é o que reclamamos moitos sen quizáis sabelo, sen ser conscientes. Moitas das vías desa participación hainas, pero como se non a houbera. Ou están pendentes de desenvolvemento. Dende o estar enterados do que pasa no concello (xa veremos se hai quen recolla a idea lanzada por O Tesón que podeería ser un primeiro paso nese sentido), incluído as pequenas cousas que afectan directamente a cada un, pasando por facerse escoitar ata a participación na toma de decisións.
Pouco a pouco, pero sen pausa. Poñamos por caso, na asamblea cidadá de A Caridade houbo quen se apuntou a acudir a varios plenos seguidos, como ‘inmersión no funcionamento da democracia actual’. E é que hai que facer un esforzo para entender que pasa nos plenos (e iso que en Ribadeo coio que melloraron moito no pasado mandato).
En fin, pequenos pasos -feitos de xeito consciente- para recobrar entre todos o control da propia vida social, dos nosos dereitos e obrigas (aínda que esas son ás veces máis doadas de recobrar e mesmo aumentar)