Daquí: esta fin de semana non haberá o certame de intérpretes mozos Hernán Naval. Dun xeito inesperado, pódese atopar a nova nos xornais. A razón aducida non depende tanto de Ribadeo como de fóra: a falta de participantes. De calquera xeito, o cambio de datas por mor das eleccións influíu na diminución de xente, e a iso se atribúe que precisamente no ano décimo do pasamento de Hernán non teña lugar o certame que leva o seu nome, que sería o IV celebrado.
De fóra: chámame a atención un titular, “A patronal prefire influír nos políticos a pactar“. Será certo, pero non é novidade, alomenos estes últimos anos. Quizáis a novidade é que se produza nun novo contexto postelectoral, por esperado que sexa. Volverá aquelo de ‘TINA’ (There Is Not Alternative, non hai alternativa, fronte a HAINA, Here Always There Is Alternative, aquí sempre hai alternativa) mesmo despois das acampadas do 15M e estar anunciados de desahucio o PSOE (que non os socialistas)? Mentras o ‘diccionario biográfico español‘ segue a sorprender a propios e estranos, mentras Merkel fai amagos para calmar ós agricultores españois despois de arruinalos coa metedura de pata dunha ministra de land alemana, aquí seguiremos con decisións seudosalomónicas dun goberno ‘en funcións’.
… Menos mal que hai tamén outra novas: Wikileaks consegue un premio xornalístico a traverso de Assange a pesares dos procesos no que o están a misturar. Extenderánse tamén as boas novas ós comentarios anteriores?