… e non me estou a referir á velocidade de aplicación de xustiza (que é xa sabido pola pedagoxía que mellora en calidade de resultados coa rapidez sempre que non se perda polo camiño a propia xustiza), senón á (re)petición/reposición dun xulgado para Ribadeo. Estánse a deixar xa en diferentes lugares follas para asinar co seguinte escrito:
”
Á atención do Sr. Ministro de Xustiza, D. Francisco Caamaño
Non dispoñendo Ribadeo de Xulgado de 1ª Instancia e Instrución dende 1965, e téndose incrementado relativa e absolutamente a importancia da vila ribadense neste período, estimando ademais que concorren as circunstancias características que se avalían para atribuír un xulgado deste tipo, e mesmo en mellor posición que outros xulgados concedidos recentemente, as persoas abaixo asinantes esixen a apertura da tramitación correspondente para que se recobre en Ribadeo o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución.
”
O certo é que despois duns 45 anos, o xulgado non se ve máis cerca. A iniciativa tenta cortar desavenencias cara ás eleccións, para que non se use o xulgado como arma arroxadiza contra os demáis, perxudicando todos a causa.