Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Os dereitos son proporcionais ó poder


A cita de N. Chomsky, dun debate en París hai un mes, quizáis debe ser reformada lixeiramente para a súa total comprensión separada do resto do texto: O uso que se pode exercer dos dereitos é proporcional ó poder que se pode exercer. Cadra unha repetición de dúas palabras, pero coido que iso precisamente resalta o significado.
Pode completarse o anterior con outra cita de Le Monde Diplomatique, tamén de Chomsky, no número anterior, xuño de 2010: “Chega un momento no que a xente comprende a estrutura de poder e de dominación e decide facer algo. É a sí como se teñen producido tódolos cambios na historia. Como ocorre isto, non o sei. Pero todos temos o poder de facelo.”
Neste segundo caso, ese momento do que fala Chomsky, non sempre se produce sincronizado no tempo nin na idade, e ás veces, nin se produce. Por iso o poder segue sendo exercido por unha estrutura controlada por quenes non só teñen unha idea dela, senón tamén están dispostos a usala e teñen os contactos precisos para exercelo.
E, fóra dese poder, o resto.
O remate, un punto positivo: todos temos o poder de cambiar as cousas … aínda que moitas veces, aínda que sexamos conscientes da posibilidade e a conveniencia de cambio, non saibamos como.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *