-
Unha das leis inexorables
“Unha das leis inexorables da economía é que ningunha actividade que consuma máis riqueza da que produce pode manterse indefinidamente” (dunha carta ó director na Voz de Galicia o 2/1/2009) … aplíquese á economía ‘financieira’, ó o cambio climático, … é unha lei moi versátil. De feito, non é unha lei da economía, é a…
-
Presentación de ‘O Globo de Shakespeare’, de Jaureguizar
Hoxe na Casa das Letras terá lugar a presentación do libro ‘O Globo de Shakespeare’, de Jaureguizar, ás 20:30 da man da Paco Lanza. Non atopo a referencia no blog da Casa, pero alí sempre se atopa algo novo. Collo entón outra referencia para quen queira saber algo máis.
-
Sobre ‘Aquí como en Viena’
Onte foi o tradicional concerto de aninovo, ‘Aquí como en Viena’, con case tres lustros de historia (o primeiro da serie foi na Igrexa o 25/12/94). A novidade, a actuación en dúas obras de bailaríns nunha extensión do esceario. Foron dúas actuacións diversas: na primeira, alumnas pequenas da escola de música, e na segunda, tres…
-
De resaca
Hoxe as novas son da resaca do fin de ano. Parece que en Ribadeo non houbo nada grave que reseñar, nin nada anormal: segue sendo normal o horario dos fins de ano. O coche que ardeu fronte ó Gamallo Fierros, unha excepción da normalidade, pero nada máis. E a petición para o alongamento do prazo…
-
Música para mañá: concerto aquí como en Viena
De novo, a rede… fai que haxa que substituír o ‘mañá’ do título por ‘hoxe’: Concerto “Aquí como en Viena” A Banda Municipal de Ribadeo, celebra o Venres, día 2 de Xaneiro, ás 20:30 horas do serán, o seu tradicional e recoñecido concerto de aninovo “AQUÍ COMO EN VIENA”, no Auditorio Municipal “Hernán Naval” de…
-
Máis sobre a S. Silvestre de onte
Despois da referencia onte á San Silvestre, varias cousas máis, despois de lembrar de novo onde estará en breve toda a información, http://sdribadeo.info: O primeiro na xeral (o nome, … , de Lugo) chegou en 14:49, para cubrir os 4916m (aprox, algo menos de 332 m/min, 3:01 min/km). O último, no doble de…
-
O día máis longo
Unha curiosidade para este ano 2009. en España, o día 1 de xaneiro será o día máis longo do ano, pois durará 86401 s. O por que, un acordo internacional para aumentarlle 1 s a tódolos reloxios atómicos que forman a rede mundial de referencia en tempo. Acordouse facelo á hora 00:00:00 correspondente ó meridiano…
-
Felicitación
Reciclo a felicitación da alcaldía para o novo ano. Cambiará moito Ribadeo este ano?