Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.518 posts
41 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O día máis longo


Unha curiosidade para este ano 2009. en España, o día 1 de xaneiro será o día máis longo do ano, pois durará 86401 s. O por que, un acordo internacional para aumentarlle 1 s a tódolos reloxios atómicos que forman a rede mundial de referencia en tempo. Acordouse facelo á hora 00:00:00 correspondente ó meridiano 0º, co que na España peninsular correspondeu á 1 da mañá, na serie:
00:59:59
00:59:60
01:00:00
É dicir, retrasouse 1 s a unha da mañá. Sen tanta algarabía como sucedeu ás 12, pero máis significativo pola lentificación do xiro da Terra sobre si mesma.
… iste vai ser un ano longo.
E, falando de longo, longamente pasadas as 10 da mañá, o pub de enfrente (entre outros) segue aberto e con música: “horario ampliado” ou “horario longo”? Da igual, lei longamente incumprida.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *