Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Copiar non é malo


Aproveitando a licenza CC do sitio de Nina Paley, traduzo (ó meu xeito …) e póñoo en Ribadeando unha entrada relacionada co movemento mundial a favor dunha cultura libre.
Unha nota previa: o texto do video está en inglés, traducido abaixo, pero coido que só coa imaxe e o ritmo pódese sacar case toda a idea.

Isto é un “proxecto” do noso (meu e de QuestionCopyright.org) primeiro Meme minucioso. Un proxecto porque a pista audio é un tema alleo, e estamos impacientes de escoitar o que podedes facer os músicos co tema. Tamén un proxecto porque necesitamos facer unha páxina máis imaxinativa e informativa que este mero post! ¿Pero para que sirve Internet, se non para fixar e facer rezumar o traballo creativo por calquera sitio?

Hai algúns cretos en branco na parte de “arranxado e rexistrado por” e no de “deseño e son.” Calesqueira músicos interesados/deseñador san poden re-lanzar o tema coas súas propias pistas e créditos apropiados. Engadide e quitade os cretos segundo sexa necesario (pero non quiten os meus!). Se vos non engadides efectos sonoros, cortade a tarxeta do “deseño de son”; se queredes acreditar voces adicionais, engadide unha tarxeta para elas. Usei as fontes Gill Sans e Gill Sans Ultra Bold. Asegurádevos de gardar os símbolos de CC-BY-SA en todos os créditos – vos lanzaredes as vosas modificacións baixo a mesma licenza.

Aquí está a letra:

A copia non é roubo.
O roubo dunha cousa deixa a un con menos
A copia fai máis cousas;
Para iso se copia.

A copia non é roubo.
Se copio o voso vos tamén o tedes
Un para min e un para vos
Eso é o que a copia pode facer

Se roubo a túa bicicleta
Ti terás que coller o autobús,
Pero se só a copio
¡Hai unha para cada un de nos!

Facer máis dunha cousa,
A iso lle chamamos “copiado”
Compartir ideas con todos
É polo que copiar
é
¡DIVERTIDO!

Esta pista vai a 90 (ou 180) golpes por minuto. A animación vai a 24 imaxes por segundo, cun golpe cada 8 imaxes.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *