Deixando polo momento outras entradas pendentes, paso a poñer unha pequena ilustración da oficina de turismo hoxe.
En primeiro lugar, o libro de sinaturas contra a violencia de xénero, no que esta mañá, despois de dous días da xuntanza no salón de plenos, había exactamente 45 sinaturas contando a miña, de 1800 ocos que hai. Coido que haberá que mobilizalo (xa hai algunha medida pensada) para que surta algo de efecto. E aproveito para dicir que, mentras esteña na oficina de turismo, a xente (ti mesmo), pode asinar…
A segunda foto é dunha pantalla amosando un sitio que non lembro que fora grandemente publicitado: http://www.ribadeorutas.org , un sitio con posibilidades para facer rutas por Ribadeo, con moitas fotos e diversas alternativas. Cun ordenador dispoñible na oficina, menos aparatoso que o da cristaleira da vella oficina de turismo, pero máis práctico e aproveitable pola xente. Mágoa que as novas rematen no 13 de maio deste ano e no Firefox se vexa con algún que outro desaxuste…
A terceira e cuarta fotos son de cocos e cia, almacenados na oficina de turismo nun conxunto chamativo pero en batiburrillo con outras cousas que alí hai, como a maqueta do veleiro ou … as bicicletas ‘desaparecidas’ que se ven a última foto.
… onde se amosan oito das bicicletas de préstamo, moi desarboladas e nun estado non ideal, pero presentes e dispostas para cumprir a misión de empréstito. Quizáis sería cousa de poñerlles un carteliño de aviso de ‘renting’?