Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sen estudo de mercado


Despois dunha fin de semana onde se viu de novo que as novas do leite parecen ser abondo menos importantes que as que afectan ós bancos, ou mesmo á industria do automóbil, atopeime onte con este banco de sentarse, posto polo concello de Ribadeo en Piñeira, que, en primeiro lugar, me pareceu unha imaxe bonita, ata que pensei no mercado que ten e pasaron a predominar outros pensamentos. Aparentemente hai moito tempo que non se senta ninguén en el, se xulgamos pola herba que o rodea. O que ven a significar un tirar os cartos sen moito xeito.
O pasado pleno, O Tesón preguntou polo estudo de ocupación do parque. Tampouco o había e xa comentei que se o parque se fai e para desfrutalo como tal, e os outros usos, terían que ser en principio nimios. Pero pola resposta, non vai ser así polo momento.
Tamén no caso do leite é posible que as fábricas digan que os gandeiros non fixeron un estudo de mercado… pero deixei estatísticas que amosan que o leite galego ten mercado. O que non ten é o que se chama ‘dumping’, algo que practican outros países e que ó non ser practicado por nós, está afundindo o mercado. Pero xa quedaba claro nun artigo que lin hai uns días na prensa (non me lembro nin en que xornal nin por quen estaba escrito, pero a idea non é miña): os gandeiros non lograron organizarse nun poderoso “lobby” como os banqueiros ou os fabricantes de automóbiles… e as leis fannas outros.
Por certo, comezou a campaña da eleccións europeas.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *