Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De visita


O traballo dos políticos é curioso. Feijóo estivo en Ribadeo para … os actos en homenaxe a Calvo Sotelo ou á inauguración dunha feira de queixo, pan e viño? Para ambos, pero non coinciden na mesma noticia.

En canto á homenaxe, coido que quedaría moito que dicir, pero que, ó tempo, xa está todo dito: ‘O importante non é crer ou non crer, senón pensar ou non pensar’ (Norberto Bobbio; cambiar neste caso ‘crer’ por ‘simpatizar’ e ‘pensar’ por ‘analizar’). En canto á feira, sen estar nela, chámame a atención que un mesmo xornal varíe de 5 a 6 000 os asistentes dun día para outro (os cómputos nas manifestacións teñen diferencias porcentuais abondo maiores). Sempre, un éxito. Así o espero, para todos, visitantes, expositores e organizadores. Aínda que coma sempre, hai voces críticas co despilfarro, o sitio (supera xa de novo 1/4 dos días o tempo ocupado este ano polas carpas no parque, a parte doutras exposicións), etc.

Mentras, foi convocada unha folga en favor do sector láteo para venres, saíndo o IES Dionisio Gamallo ás 12 do medio día. E atopo xusto debaixo no xornal electrónico, a pesares da crise e nun contraste patente, o chamamento do Bispo a austeridade nas primeiras comunións, pedindo que ‘se alonxen da espiral consumista na que están inmersos estas festas’. Crise? que crise?. Tempos revoltos, que dirian algúns, ou signo dos tempos, doutros, …

Queda ahí unha foto de dúas persoas maiores, subindo unha rúa vello estilo cara a cima, ó seu paso. De visita pola vida.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *