Onte a casa da ría foi visitada por xente da Universidade de Santiago. Non o foi por José Angel Docobo, artífice das relacións no campo da astronomía entre USC e Ribadeo, senón polo Vicerector encargado de relacións institucionais, Elías Torres, o que deu lugar non a cousas concretas, senón máis ben, polo momento, a promesas que se terán que concretar, aínda que Docobo xa deixou dito que este verán estará en marcha o programa / cursiño ‘O ceo do Eo’, ainda sen ter aclarado o tema de uso do telescopio, que o concello ten aparcado. é dicir, é un tema que seguirá.
Por certo, a petición de aclaracións por parte dunha periodista, lembrei algún dato: o telescopio de Sta. Cruz pertence á AC Xerfa, radicada no IES Porta da Auga e fundada nos 90 para acompañar e facilitar as actividades extraescolares no IES, a raíz do impulso dunha serie de xente capitaneada por Álvaro Doural e entre os que me atopaba. Xerfa tipo dende moi cedo unha sección de astronomía, da que formamos parte Alfonso Piñeiro, actual director do IES, e eu. Foi esa sección a que recibiu o telescopio a mediados da década pasada, a partir de subvencións das que se encargou Francisco Rivas, o actual xefe de filas da UPRi. Con posterioridade, a iniciativa do mesmo político, montouse a casa da ría, concebida dende un principio cun apartado con cúpula para abranguer o telescopio, que costaba moito transportar unha e outra vez para as observacións. Neste intre, para soportar sen vibracións ó telescopio, construíuse unha columna que soportara directamente ó telescopio, pero faltaba o engarce para encastralo. Foi solicitado por Paco Rivas que se lle pasara a un taller do porto, Seivane e Barcia, a base para que poideran facer a medición e reproducir as características da base correctamente, co resultado de que o pilar central da base quedou encastrado na obra, e o telescopio quedou sen outro pilar que o da Casa da Ría. Para ser usado na Casa da Ría foi asinado un convenio entre Xerfa e o Concello, básicamente cedendo o concello sitio para que a asociación poidera usar alí o telescopio figurando como actividade patrocinada polo concello. Con posterioridade, engadiuse outro telescopio pequeno, cedido a raíz de ganaren tres alumnas do Colexio Sgdo. Corazón (entre as que se atopaba a filla de F. Rivas) un premio da casa das Ciencias, que consisitu o telescopio e que foi deixado alí en depósito. Os avatares da Casa da Ría pasaron despois pora voladura un día de vento da protección da abertura superior da cúpula do telescopio, o que, ó non ser amañado, provocou en breve tempo que un día de inverno a cúpula non se poidera cerrar despois de ser aberta pola señora da limpeza e que houbera que sacar de alí o telescopio. A avaría tardou varios anos en amañarse, e dende aquela (xa estamos no mandato pasado), a asociación ten pedido chaves pois a comezos do mandato pasado cambiáronse as chaves da casa e non se lle deu copia á Asociación, co que a actividade posterior redúxose a algunha xornada solta no marco das noites activas (a pesares do mal estado da casa polas humidades) e con chaves subministradas pola empresa contratista das mesmas. En fin, coido que podería dicir máis cousas sobre o tema, pero agora mesmo, non.
O outro tema relacionado co medio natural é en relación á lancha de aduanas, que leva un trimestre sen estar activa por unha avaría que non se repara. E digo, para que se quere un instrumento avariado? Para figurar?