Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

20 de xaneiro, despois da representación, antes da representación




Hoxe, 20 de xaneiro, toma o mando Obama nos EEUU. Haberá representación en Washington retransmitida mundialmente.
Máis reducido, hoxe é a votación para o clube náutico.
Onte, en Ribadeo, tamén houbo representación. Non foi retransmitida, pero a sáde plenos estivo chea. A representación chamouse ‘pleno’.
Non houbo novidades no pleno de onte, e si moita xente, parte dela coido que equivocada, pois non se tratou a liña de alta tensión e ía por iso. Outra moita, acertada, pois si que se tratou do plan sectorial de vivenda, e houbo unha boa representación, aínda que con final xa sabido. A moción da oposición foi aprobada unánimente e aquí non pasou nada. Case, que representación, xa digo, hóuboa.
Irá saíndo no blog un debuxo do que pasou, pero a sorpresa non existiu, e si o guión e as fintas verbais propias dos días nos que o salón está cheo. E tamén o alongarse a sesión, que rematou ás 10:45 faltando aínda a contestación ás preguntas da AVV O Tesón, que a houbo por parte do alcalde.
Máis desapercibido pasou a aprobación do RRI do Hospital ou da suba das taxas, actuando tódolos grupos como unha especie da apisonadora onde non se sabe que alegacións se incorporaron ó regulamento e cales non (haberá que esperar a publicación dun documento que en teoría alomenos, entrará en vigor de xeito retroactivo ó 1 de xaneiro), e dando por sentado que as taxas hai que subilas e punto (mención a parte, o tema das taxas do mercado, cun escarceo de UPRi do que haberá que falar)
En fin, coido que máis dunha contradicción que tentarei expor.
Mentras, e xa que o frío parece voltar neste inverno que xa é atípico, como divertimento un par de gráficos coas temperaturas medias diarias tomadas na Pedro Murias e coa media para cada día, resumida. A notar que o día coa media máis fría do século é o 29 de xaneiro, e o mes máis frío de media, febreiro.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *