Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Post festas e agasallos de Reis do blog









O acto do desfile de Reis marca o final das festas públicas; queda o día de Reis para as privadas, e logo, a rutina diaria.
… no blog, os Reis trouxeron algunhas fotos recollidas esta mesma semana, máis unha nova e unha referencia:
* o Telecentro, Rúa Antonio Otero,15, Ribadeo 27700, Teléfono: 982 120 732, debera dispor de DVD co novo sistema linux ‘Galinux‘. Aínda non o comprobei (por iso o de ‘debera’), pero pronto o farei.
* Levo un tempo observando baixando baixadas bruscas de velocidade de internet a 0 que me impiden concectar (gostariame saber se a vós tamén vos ocorre) mentras que ó instante seguinte observo ratios altas (como na captura de pantalla do final da entrada). Para ir medindo, un enderezo da Asociación de Internautas co medidor de velocidade de internet.
en canto ás fotos, por orde:
Caramelos da cabalgata (colección pouco numerosa).
Fogos de artificio despois do discurso real (… quizais porque a choiva respectou abondo).
Os bancos que ó final se repuxeron no eucaliptal á beira do Forte de San Damián.
Escombros en pleno casco vello (nas terras que se queren poñer como solo residencial polo plan da Xunta).
Unha imaxe de fondo de ría dende o camiño do cemiterio.
E o reloxio do cargadoiro coa punta marcadora rota.
… Como se colaron a foto última e antepenúltima? Pois como os carbóns no medio dos agasallos de Reis…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *