Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Datos


A oferta de datos sobre a xestión que sufrimos ou desfrutamos non é moi abondante. Máis ben é rácana cando non decididamente negada. Hoxe martes saen na prensa varias novas asimilables ó tema. Dende unha na que o alcalde afirma non coñecer o futuro trazado da liña de alta tensión pola que asinaron 168 viciños, pero que se oporá se incumpre a lei (que faga falta dicir o anterior xa é un síntoma das necesidades da democracia actual), ata os datos de uso do porto do ano pasado. Os outros temas, para outro momento.

Respecto ó da liña, non se opoñía o BNG nas municipais á liña Boimente-Pesoz? e non pideu o BNG en Madrid que se retirara o proxecto? Son cousas que me dixeron no seu momento que que coido que veñen a colación, de non mediar un estudo e unha difusión das circunsaticas maior da que está a haber. Por certo ademáis, non ten que ter nun prazo curto o alcalde a información que di que non ten sobre a liña? coido que ise prazo xa pasou. E de novo, a falta de información pública, ós que non só somos administrados, senón a base do poder que se delega nos políticos, embarulla un proceso que debera ser limpo.

Respecto ó peirao, unha síntese para o 2008:

Menos barcos que o ano anterior, 76 navíos relacionados coa celulosa, 58 relacionados con outras mercadorías (pino -madereira-, cebada, millo -Os Irmandiños- area de mina, magnesita, carozo de pino e sal.

A tonelaxe media, entre 4 000 e 4 500 tm (superior ó ano anterior)

O peirao de Ribadeo está infrautilizado boa parte do ano (mentras se trata de potenciar os pesqueiros da provincia para o seu uso como de mercadorías)

O mal tempo fixo que en decembro só se fixeran labores de dragado 9 días.

A parte, coido que non está de máis ver os comentarios deixados en http://ribadeando.blogspot.com/2009/01/post-festas-e-agasallos-de-reis-do-blog.html, de paso que nos preguntamos cousas como se está infrautilizado, para que unha ampliación, por exemplo.

Unha relación cos anos anteriores ou previsión estudada de futuro e posibilidades de desenvolvemento comercial, polo momento está ausente. Nin que dicir dun estudo conxunto de desenvolvemento da zona. O que si está presente é que este ano o porto será máis rendible…

A foto, da draga, raiña da entrada ó porto.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *