Onte choveu, pero non moito. Houbo vento a rachas, aínda que non tanto como outras veces. Temporal? si, ‘o normal’. Quizáis a meteoroloxía de onte veu definida polo que debe ser a tempreatura mínima este inverno ata o momento na Pedro Murias: 3,6ºC ás 9:30 da mañá do domingo. Hoxe xa parece que a cousa vai mellorando en canto a temperatura.
En canto a novas, este fin de semana tamén foi frío en Ribadeo, sen novas. Tanto, que a web do concello segue coa novidade da nota de prensa do mércores.
Por iso collo novas máis alonxadas, e deixo para quen queira un artigo de Moisés Naím, ‘Las sorpresas de 2008‘, que trata de lembrar a historia recente deste ano cas contradiccións que en boa parte dos casos non sairán nos resúmenes de prensa que os xornais publican a fin de ano.
Mentras, seguen a caldear o ambiente as revoltas estudiantís en Grecia. En principio, contra o plan Bolonia, pero comezadas na súa fase forte pola morte dun estudante a mans da policía e con temas como a precariedade do emprego e os baixos salarios de fondo. Non é estrano que haxa quen pense que outros países, España entre eles, podan seguir a senda grega. Tampouco o é que se tente desprestixiar unha protesta a base de dicir que é violenta. Por suposto, ten episodios violentos: aí está a morte do estudante, non precisamente a man dos protestadores. De feito, se é protesta, é porque non se axusta a non protestar… e a convir que todo vai como un paseo sobre campos de margaridas. Cúlpase ós anarquistas. E pode que leven a voz cantante nas ideas que soportan a protesta: ‘rematar coa desinformación’, ‘centrar a información a traverso de internet e sms‘, … mesmo poemas, “Se eu non incendio, se ti non incendias, se non incendiamos, ¿como facer luz das tebras? (ver)
As fotos, tomadas só con minutos de diferencia,a Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo e sobre a cámara e a Punta da Cruz, esquina asturiana da saída da ría de Ribadeo, notándose o temporal