Quen dí feísmo? se nos habituamos a ver de contínuo cousas feas, seremos inmunes, sería como se pouo a pouco esas cousas pasaran a ser normales, non feas. Aínda nalgús casos, guapas, belas. Algo deso está xa a pasar na actualidade en zonas de Galicia, e veremos o que se fala esta tarde nas xornadas de medio ambiente sobre ‘o feísmo’ . En realidade, o título da mesa redonda é algo así como ‘actuacións ambientais sustentables na costa de Lugo’. A cousa é, hai diferencia? Deber, debera, e moita. Actuacións non son edificacións nin construccións de paseos marítimos a ‘tuttiplén’, o ambiente non é o cemento e a sustentabilidade é algo que se persegue, pero que polo momento anda moi, moi escasa, sendo adulterada tanto en concepto como en palabra.
Pode que polo tema da enfermidade do feísmo (é dicir, non só, pero tamén) sexa bo pasarse por algunha das exposicións que hai estes días en Ribadeo. Onte pasei pola da Casa das Letras a ver a exposición de Luisa López Santos-Santiago e coido que me gustan os seus extremos. Tanto o movemento da oleaxe como a abstracción da quietude nas liñas dos edificios estilizados. E non sigo: coido que as exposicións son para ver ou para contar en profundidade, e agora mesmo non vou facer ningunha das dúas cousas.
Remato de novo co pleno. Houbo unha cousa que parece que se me escapou entre o mal que se escoita e o pouco esforzo por que se escoite que di José Mª: a multa imposta por 9015€ a mármoles Eo por incumprimento da normativa acústica. Sácoo da prensa de hoxe, despois de saber dende hai hai tempo que a licencia fora anulada de xeito xudicial (está recorrida). En fin, parece que o concello se move: calquera día destes ata lle pon unha multa a algún pub que non teña licencia de pub e que ademáis aínda así incumprira a normativa de ruídos e de horario.
Do pleno quedaba tamén a resposta ás preguntas de O Tesón:
“1.En relación ó horario de funcionamento da Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, tema que xa foi preguntado hai meses, e visto que non hai variación de horario respecto a outros anos, continuando a ter un tempo de uso abondo reducido para os escolares e para o público en xeral, solicitamos coñecer se se realizou algún estudo de necesidades de ampliación de horario, e as disposicións do mesmo cara ó futuro.”
A resposta foi a cargo de concelleira de cultura, indicando que este ano se contrata unha persoa para cubrir vacacións e para aumentar o horario en agosto.
“2.Ante a resposta pública dada hai poucos días polo sr. Alcalde sobre o funcionamento futuro do ascensor da Atalaia, incluíndo que non está previsto ascensorista, e para un coñecemento máis detallado do tema, solicitamos coñecer se existe algún tipo de estudo ou informe sobre a viabilidade económica de dito proxecto, ou algún coñecemento fundado do concello dos gastos que vai representar o seu funcionamento para as arcas municipais e as vantaxes para o desenvolvemento da vila nun momento no que se tende a pechar o porto, con carteis diverso prohibindo o paso. É dicir, ten coñecemento fundamentado de que a execución do ascensor é asumible e convinte?”
O ascensor non ten un estudo de viabilidade, pero tampouco se vai pechar o paseo marítimo Alfonso Rodríguez castelao, xa que é de Costas e non de Portos. Cree o alcalde que non debe haber ascensorista, e di que o concello asumirá os gastos de mantemento mediante a típica cuota trimestral por contrato cunha empresa, como se fai en calquera outro ascensor. Especulou sobre unha posible concesión na oficina de turismo dos baixos da estrutura para que poda ter venda dalgúns produtos (refrescos, recordos, …) e ó tempo ter algo de man o ascensor. Non embargantes, engadiu, a axuda para obra non se limita ó ascensor, senón que abrangue o remozado das rúas adxacentes, rematando ‘quero entender que os beneficios van ser superiores’.
Polo medio, indicou que este ano non concederan a subvención para o ascensor no concello, que quedará de pronto sen el.
A fotos, tres de ‘xardíns colgantes de ribadeo’, e a outra, dunha das moitas cousas do pobo que se me escapan e que se lle escapan tamén á prensa en xeral. Neste caso, o aviso da restauración do órgano da igrexa a conta de Caixa Galicia.
Outra cousa que tampouco vin moi anunciada nos xornais é que hoxe é o pregón do Carme, ás 20:30, do que me enterei porque a xente da banda que vai gravar á Coruña a banda sonora para ‘Os mortos van ás présas’ debera estar aquí para unha actuación co gallo desa presentación.