Escaneo hoxe un artigo de Pancho Campos, o Presidente da AVV O Tesón, que sae este fin de semana na Comarca (premer co rato para ver ampliado). O certo é que a ría, a raíz da nave de Mirasol, ocupa boa parte do espazo de que dispón o semanario.
Hai un artigo de Farruco Graña, ‘Son coma nenos’, no que se prevé contra os enfrontamentos políticos a conta da ría. Espoldrexos, de Pancho, ‘O negro futuro da ría de Ribadeo’, de Miguel Gutiérrez, da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo, e dous doutro cariz ben diferente. Un, ‘alto a agresión: !Basta xa!’, referido non á nosa ría, senón á ría do Ferrol, de rafael pillado, Vicepresidente da Asociación Cultural Fuco Buján e membro do comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. O outro, a nova de portada, re-dicindo que o práctico do porto apoia a nave (xa está referido no blog), e tomando de novo datos errados dos xornais e atoridades asturianas: se antes tiñan empeño en dicir cousas como ‘a nave flotante’, agora din que se mete 36,5m na ría. Botando contas, 90m de longo, serían 3400m2 de ocupación de ría, cando é un tercio menos desa cifra, do orden de ‘só’ 2200.
Mentras, ó fondo da ría, na veiga, ontes xuntábanse os representantes dos 14 concellos da Rserva da Biosfera da zona (por Ribadeo, Horacio Cupeiro ó estar ó alcalde en o Uruguai, ver o artigo de J.M. Rodríguez). Curioso: houbo unha declaración final, na que se inclúe “Requerimos a las administraciones autonómicas asturiana y gallega y a los poderes del Estado competentes para ello a fin de que agilicen la tramitación y puesta en marcha efectiva de los instrumentos y organismos necesarios para que la Reserva Mundial de la Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón sea una realidad que permita alcanzar los objetivos de desarrollo del territorio”, ó tempo que se aclara, a petición dalgún concello, “la declaración no implica, necesariamente, la inclusión de esta comarca dentro de un parque natural”. Xa se ve a querencia dalgúns pola natureza; en particular, polas limitacións que lle hai que poñer.
Limitacións que tamén se lle están a poñer ó ‘Parque de Indianos’, que nalgunha zona parece máis ben praza cementada (non incluída tampouco no PXOM). Prometo fotos.