Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A comarca éguese en silencio




O que podería ser unha boa noticia, collendo de xeito literal o título, e indicando a industriosidade local, non o é, se vemos que o silencio administrativo pode facer posibles atrocidades, algo que podería pasar en Barreiros e servir de exemplo noutros sitios. Por silencio administrativo tamén se poden conseguir cousas, e tendo cartos para unha defensa xudicial, consolidalas. Mentras, como os alcaldes non teñen unha responsabilidade asignada, a irresponsabildiade correspondente pode facer o resto.
Por certo, unha volta pasada a Semana Santa, notouse xa en Ribadeo a nova distribución de postos para o Grumir: rematou aquelo de grupo para todo que representaba, pois non ten persoal. Coido que en xeral, para a comarca, paso iso, pero en Ribadeo, desta volta, máis. Trae o xornal asemade que hai xente movéndose para unha reestructuración, que implicaría grupos a nivel non local, senón comarcal. Mentras iso pode que chegue ou non, seguiremos así, sen un servizo ó que o concello xa se habituara.
Hoxe, dúas imaxes, dun lugar de Ribadeo e do faro visto dende a ría.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *