Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento


O título, un dito legal, véuseme á cabeza estes días a conto da ‘solución‘ para os edificios ilegales en Ribadeo que está a punto de chegar, segundo o alcalde, este mesmo mes. Pregúntome se, coa solución, vai quedar claro que non se pode construír de xeito ilegal, e que quen o faga, terá unha sanción que non compensa. En caso contrario, non se solucionará nada, senón que se terán máis problemas no futuro a aprte de facer a vista gorda sobre os que xa hai. Por certo, se, segundo creo, se van legalizar edificios ‘por partes’ (si as vivendas que non incumpran, non as que incumpran por ter rochos habitados), entón quedará no mesmo edificio xente con agua e xente con auga de obra, xente con luz e xente con luz de obra… o que me parece algo raro de manter moito tempo, sen desaloxo, o que coido non entra nos plans. Está claro que non o vexo claro?
Dinamizando Ribadeo, o blog ‘vida sociopolítica de Ribadeo‘ remata de poñer un artigo sobre o Castro das Cárcovas, na Capela, Ove, e acompañao unha imaxe do sixpac cunha liña negra indicando o camiño dende as casas da Capela, que hai que coller pouca antes de chegar a elas, á dereita. Os foxos, unha vez chegados, están craros.

É un castro entre os que hai en Ribadeo, e é de supoñer que pouco a pouco, igual que outros (en particular o das Grobas, máis próximo ó pobo e potenciable turísticamente), se vaia coñecendo, aínda que vendo as novas de que o parque de bombeiros, catro anos despois de rematado e sen utilizar por cuestións políticas, xa necesita reformas, ou que o xulgado non suscita a unanimidade dos partidos ribadenses, que parece se queren colgar medallas nunha especie de conto da leiteira made in Ribadeo (ou peor, nunha nova versión de eso de ‘se non eres para min, non eres para ninguén’), etc, hai veces que un dubida ata que se vaia poñer antes do verán unha sinalización ás Grobas que xa foi pedida hai ano e medio.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *