Esta visto: perdínme algo. Resulta que aprece haber unha proposta para retirar o nome da Praza de Pancho Maseda (a carón do Concello), ó que Andina e o PP opóñense… A Lei da Memoria vai facilitar cousas destas, incluído claro está o monolito do parque. Hai pouco relativamente que se lle sacou o escudo á Aduana (máis ben parece que se lle tapara co novo por riba del), e haberá máis sobre o tema.
Mentras, parece que xa comezou de pleno o curso político, pois o PP pide dimisións pola entrega dunha furgoneta a un concellal que nin é do equipo de goberno (Balbino), e UPRi interpón un recurso para poder presetnar unha moción que se lle negou no último pleno.
Mentras, a reunión de Areces e Touriño no promete nada, aparentemente, para ribadeo nin para a súa ría, a pesares de que saíu na prensa hai varios días que Asturias pretendía protexer 15 especies de aves, pero polo menos a min pareceume máis un dicir por picar a Galicia como quen ‘somos mellores’ que outra cousa. Xa veremos.
A foto, a ría, xusta antes da ponte dpara cruzar á Veiga.