Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Iesrir, iniciativas de estudo en prol da ría e Ribadeo


Só unha pequena idea que poidera madurar e dar froito a medio prazo: Vendo como noutros lugares se desenvolven entidades como os institutos de estudos (Instituto de estudos Miñoranos no val Miñor, IESCHA, Instituto de Estudos da Chaira, etc) que van recopilando e sacando a luz información diversa sobre as zonas correspondentes, por que non sería posible facer aquí un ‘Instituo de estudos da ría de Ribadeo’?. 

Hai xa moita documentación, dende as intervencións sobre o nome da ría (aínda remata de saír unha serie de catro entregas de Evaristo Lombardero na Comarca) ata os estudos xeolóxicos no entorno da ría feitos por Isidoro Asensio, pasando por unha multitude de referencias tanto artísticas (aí está o traballo de Suso Peña) como históricas (por exemplo, o outro Lombardero, Chemi) por poñer só dous exemplos. 

Podería ser máis que nada unha coordinación de iniciativas de cousas que xa hai, unha unión de esforzos, que daría lugar por exemplo a máis ‘produtos’ como a exposición de hai pouco máis dun ano sobre cartografía e mapas da ría de Ribadeo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *