Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Recortes de política e outras cousas que inflúen en Ribadeo


Anteonte, no pleno, houbo alguén (non estou fixo)que lamentou o saber quen era a persoa elixida para o posto de secretaria do alcalde. eso, despois de que outro preguntara sobre quen tiña en mente o alcalde para tal posto. En principio, non quedaba claro se o lamentaba por ser idónea e el estar en contra ¿? ou por non ser idónea e el estar a favor, ou ben por ter que votar algo xa previsto cando a xa se coñecía a persoa, e polo tanto, en certo xeito, a favor/en contra da mesma e non do cargo. Cousas da política, na que moitas veces por dar a cara a favor ou en contra dunha persoa en particular interfírese o que se considera ben xeral (ou, ó menos, ben partidista)
De calquera xeito, as novas que máis van influír a curto prazo en Ribadeo non estiveron o outro día no pleno, nin nas páxinas locais da prensa. Os movementos económicos (máis ben, financieiros) dos últimos días, zarandeando a economía, non se ven, pero todo omundo fala deles e moi posiblemente voltarán a producir a escala mundial un pouco máis de concentración relativa de capital, co que á gran masa nos tocará un pouco menos da tarta xeral, sin comelo nin bebelo. é dicir, algo así como o da bolboreta que move as ás no Brasil e meses despois produxo un furacán en Norteamérica (o efecto bolboreta).
A outra nova de influencia hoxe é o comezo do curso escolar. Moito hai que dicir deso, despois ameazas de incumprimento legal, desequilibrio educativo en relación a outros países, desequilibrio orzamentario, etc. E tamén, a selectividade de setembro, que por ter moitos menos alumnos ten moita menos importancia … exceptuando para os que se presenta a ela, claro.
Tano de economía como de educación teremos lugar a seguir a falar. En canto á secretaria do alcalde, non me extrañaría que voltara á palestra. En canto a Ribadeo mesmo, polo momento, parece que son máis interesantes as comisións que os plenos, pero deso, outro día.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *