Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Educación e cultura



Eu poñeríaos nese orde: primeiro, a educación, e logo, a cultura. Se alguén bota unha ollada ás novas de hoxe na Mariña, a posición é máis ben ó contrario, con moita separación: ó haber autoridades, o realce téñeno as xornadas sobre El Viejo Pancho e Juana de Ibarborou, coa súa inauguración en Ribadeo con autoridades políticas polo medio, mentras e educación queda descolorida e en tono de polémica pola temática educativa de Cervo / San Cibrao, que non é nada máis que un exemplo concreto do uso político da educación, é dicir, de algo que pasa a miúdo, pero que non é nova nada máis que cando ‘o sangue chega o río’. de calquera xeito, en ambos casos, a política, mellor dito, os cargos políticos, moven a noticia.
A foto, da pasarela do cargadoiro a pasada semna, por fin repintada.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *