… dixo Zapatero tras a súa primeira noite nos Oscos, unha noite normal, de semana, na que nalgunhas zonas de Ribadeo non se durmiu tan ben…
Deixando a Zapatero durmir, a Comisión de Goberno de Ribadeo non tratou o tema da licenza de Acuinor. Ó que parece, o tema segue proposto como estaba antes e parece máis claro de quen foi a ‘culpa’ de que pasaran os prazos e agora se reclame por silencio administrativo: falar da piscifactoría non figuraba na orde do día e foi reclamado por Balbino Pérez Vacas – PSOE. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, polo momento, actúa con precaución, xa que os informes non son todos positivos. E xa houbo información privilexiada, segundo as verbas do PP (José Carlos Rodríguez Andina), que adianta tamén que o concello podería ter que indemnizar a Acuinor…
O que nos leva a algo xa tratado algunha volta no blog: a responsabilidade dos alcaldes. Que eu saiba, en época de Balbino ditouse unha sentencia que aínda está sen executar para tirar unha certa altura do edificio de entrada a Consum. Entrou nos xulgados outro edificio na Lodeira por temas semellantes, está o tema de Acuinor, con ‘piscina’ xa incluída na paisaxe, foi concedida licenza de apertura ilegal (segundo o xulgado) a un local implicado no RAMINP, … e que responsabilidade ten o alcalde? Pode dicir algo así como ‘eso xa pasou’? Dubídoo.
En canto á postura do actual alcalde de pedir informes, máis informes, a diversas instancias da Xunta, mentres di ‘que se aclaren’, sen emitir xuízo propio, déixame pensando se o que pretende é ganar tempo para saír no atolladeiro que se atopou (o que espero que sexa así non só por el, senón pola xente que ten no seu equipo de goberno, aínda que coido que tería outros recursos) ou perdelo para que mentres vaia pasando máis do tempo que argumenta Acuinor que xa pasou (en consoancia coa postura que mantivo con anterioridade, pro-piscifactoría ‘tal cal’..