Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre a transparencia, en Ribadeo e no mundo


Coido que é bo que as pequenas novas, que non teñen en xeral cabida na prensa, saian á luz pública e dun xeito diferente ó do boca a boca, perdéndose no imaxinario popular e pasando a ser medio verdades medio contos. Onte, unha formigoneira cortaba o paso á furgoneta do centro de día. Estaban traballando. Quen o permitiu? É un día e non son graves as consecuencias, pero, contouse con elas? Os actos dos poderes públicos teñen máis incidencia do que normalmente eles mesmos pensan, e menos meditación. Así, mentras que sae nas novas nos xornais son cousas ‘de impacto’, a vida compónse de pequenas cousas que son a súa base. e esas non se recollen na prensa.
A transparencia, na que levo insistindo tempo, pode ter moitas versións. Non é só que O Tesón conseguira que se consideraran para responder dúas preguntas como máximo despois dos plenos (emprego unha elipsis porque poucas foron medio respondidas, e para eso hai que saber antes cando vai haber pleno, cousa nada doada), senón que a cousa debe ir moito máis aló, como aproveitar cando se fai exposición pública de documentos como as contas do concello, que pouca visita tiveron, e esixir que sexan presentadas dun xeito comprensible e claro (alguén foi e poido atopar o que buscaba á primeira e con claridade?… e digo alguén, economistas incluídos).
Na loita pola claridade, vánse empregando cada vez máis ferramentas, tanto para obscurecer como para aclarar. Así, a nivel internacional, a nova que puxen o outro día da un novo soplo de esperanza a nivel internacional, onde cada vez é máis dificultoso ter novas fiables, dada a cantidade de intereses que se moven e a concentración dos medios noticieiros.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *