Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Líderes falando, o pobo á espera


Parece que se vai consolidando o de falar pola parte de arriba, é dicir, entre os líderes dos partidos políticos. Eso coido que é bo, pero sería mellor con transparencia (pode que non sempre sexa posible tela, pero inaugurar o intercambio sen ela non sei se será moi bo), e tamén quizais comezar co diálogo vertical (arriba – abaixo) en troques do horizontal (arriba – arriba, abaixo – abaixo).
Remato de lembrarme de algo que chegou ás miñas mans hai pouco e da interpretación que eu lle din, que podería resumirse como “Imperium? We’re”. É dicir, somos imperio (formamos parte del) se non somos críticos e aceptamos as consignas sen máis, sexa o ‘imperio’ que sexa. Aínda que dende o punto de vista imperial, como súbditos, sexamos de 3ª ou 4ª categoría (a nivle de política mundial, odese dicir que estarían os cidadáns a secas, ou sexa, os que deciden e logo están por riba das decisións tomadas, os súbditos de primeira, cidadáns dos EEUU con medios, os de 2ª, os de terceira ou non-US ‘normaliños’, … e aínda quedaría algunha categoría por baixo). O esquema pódese repetir a outros niveis, en outras organizacións (posiblemente con menos ‘categorías’), como por exemplo a nivel local.
Voltando ó do principio, lembro que aínda está por desenvoltar en Ribadeo o sistema de participación asociativo no concello, algo que se pediu antes de que foran ‘soltados’ os programas eleitorais e que pódese dicir que non foi recollido neles (ver Ribadeo-historia: houbo amagos, pero noutros sentidos, que se poden comentar noutro momento), co que polo momento os posibles contactos terían que ser a nivel informal.
En fin, destes temas non é a primeira vez que comento e non será a derradeira. O que si, teño a esperanza de que cada vez os poda tratar con máis optimismo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *