Nun domingo con invasión como o reseñado na entrada anterior, non hai que esquecer outras ‘pequenas cousas’ como que a xunta concedeu as dúas posibilidades de piscifactoría en Ribadeo, pero… a de Acuinor, para comezar terá que recuar 200 m cando menos (é dicir, a ‘piscina Cascos‘ que se pode ver aínda non poderá ser piscifactoría) e competir pola compra dos terreos con outras empresas, pois a xunta expropiará e venderá o terreo (logo xa non é aquelo de 1 €/m2), e a outra, que parece que a pesar dos dimes e diretes da empresa Pescanova segue adiante, debe tamén de ter algo de respecto nas beiras, coa zoa LIC e o castro de As Grobas (a ligazón é unha das moitas que se pode atopar no blog sobre o castro)
Por outra parte, Segue o tema de que o alcalde non teña soldo polo momento. Hoxe novamente o ex (Balbino) sae na prensa con diversas afirmacións. Algunhas delas, chocantes, como o par seguinte: “A situación á que se chegou, ten un único responsable, que é o alcalde pola súa absoluta falta de diálogo e de capacidade para chegar ós acordos necesarios para evitar este tipo de situación” e “Non admito comparacións dese tipo”. A ter en conta que as frases están descontextualizadas. Pódense atopar con outra disposición en “La Voz de Galicia”