A estas alturas, Fernando Suárez xa é alcalde, cos votos do BNG. Hoxe a comarca ten unha foto de Vacas e Suárez e tilda a aquel de ‘Alcalde en Funcións’. Sí, érao cando se comezou a repartir o semanario, pero non cando se terminou. Sobre outros comentarios que trae, mellor dalos por pasados e punto. agora, o futuro.
Nunha terra na que despois dun accidente marítimo e de poñer de volta e media a un cidadán que non tivo chisco de tacto agora primeiro un sindicato e logo o PP din máis o menos o mesmo (con máis tacto), non é doado facer prediccións. O título coido que sería a liña que debera marcar os próximos anos: o mando no concello para a xente que máis fai por el. Ata agora parece que había un certo consenso sobre o tema, pero a medida que o BNG se foi achegando a alcaldía, as opinións foron endurecéndose. Quede pois como un desexo de futuro e non como un desexo de que manden no concello os traballadores do mesmo en troques dos veciños a traverso dos representantes (non quero que se me interprete mal).
Anteonte vin un arco da vella na ría, dende a Veiga ata Ribadeo, que foi un dos máis bonitos que lembro. Ó entrar vin que a parte baixa da rúa da muralla fora amañada duns baches que se comían o ancho do vial, cunha profundidade respectable. Pensei: será un signo do futuro? Polo momento, só son unha figura retórica e un símbolo. é dicir, polo momento, o que hai de cara ó futuro é a denuncia da Plataforma de defensa da ría de Ribadeo contra as obras da autoestrada na Ponte dos Santos e a confesión/declaración do alcalde de Barreiros a dicir que o concello non tería con que compensar ós constructores polas desfeitas que o mesmo concello deixou facer (é dicir, de novo, paganos quenes non se beneficiaron…). é dicir, todo moito mais ‘prosaico’ ó comezo dun mandato que non vai ser doado: 4 con/contra 4+3+2 concelleiros.