Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A piragua



Onte, o Centro Dramático Galego pasou por Ribadeo a facer unha representación. O elenco de actores non deixou atrás coa súa actuación a calidade da obra, ‘A piragua’, ante un auditorio que poucas veces se enche tanto para o teatro. O título é só unha nimiedade ante un problema que se constrúe ás veces a base de nimiedades ata que en calquera momento deixa de ser nimio: a asimetría de xénero e a súa violencia. Neste caso, a culpa da violencia parece rematar a cargo dunha piragua tonta despois dun crescendo das secuencias que vai introducindo no interior do espectador unha sensación de desacougo e nas que a piragua non é máis do que pode ser un título.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *