Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A velocidade da ría de Ribadeo






En consoancia co artigo de E. Lombardero, unhas poucas fotos da ría. As fotos son estáticas, e así non se pode ver a velocidade que traen as motoras do fondo na terceira foto. Tampouco se pode ver moi ben a condición das augas nunha mañá con sol en Mirasol, con bañistas antes do verán astronómico…
Pero permite ver algunha cousa, como por exemplo, a nova estrutura que se está a motar en Mirasol (hai material para máis) e que de seguro está preparada para as obras da Ponte dos Santos.
Non permiten ver a invasión que sufre a ría de ‘elementos motorizados’ que desprazan ós bañistas (xa falei deso o ano pasado, arredor desta entrada). Pero si permiten ver a estrutura metida xa na ponte ou a auga turbia en Porcillán (que conste que os peixes non están mortos)… e que a calidade da auga pode empeorar moito máis.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *