Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.499 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Hoxe tocou concerto en Ribadeo





Un auditorio inmerecidamente con sitios libres recibiu hoxe os primeiros compases de Ponteareas, que neste comezo da Semana santa soaba como a Paz da nosa terra. O detalle do uso, infrecuente na BMR, do frautín, quedou relegado ante o electrizante ‘Esceas de Manhattan’, por exemplo, nunha actuación que para min estivo entre as mellores desta época da banda, facendo esquecer o posto obtido na ‘Śenia’ (o festival catalán ó que asistiu o mes pasado) en razón da sinxela constatación do momento actual da formación. Ata fixo esquecer os apoios que segue a ter (non tantos como noutras veces)
Lamento non ter fotos (saíron todas movidas), pero conservo tres pequenas gravacións de non moi boa calidade acústica e mala visual, que serven de lembranza (56, 113 e 26Mb…)

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *