Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Educación non gratuíta. Pensamento local e actuación global en Ribadeo



Despois dunha fin de semana, plantéxome se a educación non está minusvalorada por sere gratuíta. É dicir, por sere un servizo público. Coido que o debe ser, pero tamén que é necesario valorizar a importancia dos servizos públicos, que o son precisamente pola súa importancia xeral. E en troques, polo seu nulo ou baixo custe aparente para a súa obtención, parece como se non tiveran importancia ó non ser difíciles de conseguir.
Por outra banda, xa teño falado algunha volta do ‘pensa globalmente, actúa localmente’ (xusto o contrario do título) en concreto referido ós problemas ambientais. Espero que os programas dos partidos que se presentan ás eleccións en Ribadeo manteñan algo esta filosofía para actuacóns locais, nos próximos anos, respecto ó medio ambiente, contaminación, quecemento global/cambio climático, esgotamento de recursos naturais, … porque na actualidade, en Ribadeo e en moitos lugares, ocorre no contrario que nalgunhas cidades dos EEUU: alí, o goberno central pasaba do tema, mentras que algunhas vilas toman medidas. Aquí, aínda que tímidamente, o goberno central parece que toma algunha medida, pero nas vilas moitas veces pénsase de xeito reduccionista, a nivel local, e téntase de actuar como se o mundo se centrara na vila, pasando logo dos problemas que non sexan específicamente locais. Os dous temas de hoxe están relacionados…
A foto, dun aspecto da propaganda relacionado con Ribadeo: unha fronte sen construír na avenida de Asturias, chea de cartelería de alcohol, teatro e celebracións. Por certo, o anterior lémbrame que de novo o sábado o concello incumpriu a súa propia norma sobre ruidos (*), anunciando Donapubli o hiphop no auditorio a altofalante batinte.
(*) Para quen non esteña informado, a norma di algo así (traducido a román paladino) como que se usará o anuncio sonoro en casos excepcionais cando sexa manifesto o interese público.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *