…Agora resulta que van crear unha nova figura de protección para a zona do Eo e non sei ben cantas máis. Ben, é un primeiro paso antes das eleccións locais, pero todos sabemos que o importante é establecer a protección real, non no papel. Pode ser un paso, facer leis, normas, proteccións; é máis: é necesario. Pero se logo non se cumpren, a cousa falla. E xa teño escrito un artigo, hai moito, titulado ‘cando a lei non se cumpre’ (publicado o 14/11/96); era época de Fraga, pero nalgunhas cousas, os tempos non cambiaron moito.
As fotos, á espera de escanear e poñer o artigo citado no blog, lembran a protección actual da ría de Ribadeo: verxas e lixo, baixando pola ría ou arrecunchado no resto de dársena en Mirasol, en contraste cunha beleza manifestada por Castropol ó fondo. As fotos do antroido, tamén tomadas hoxe, para outro día, con outras máis que irán saíndo.