Despois de falar onte da gordura municipal, non queda outro remedio que dicir hoxe que seguen as liortas en Ribadeo, agora a causa da desinformación do concello ós partidos opositores (da dos veciños xa falei moitas veces aquí). O de onte, sen novas semellantes, de seguro era porque antonte era domingo.
Mentres, o carnaval de Santa Cruz vai adiante por unha cuestión de trámite xurídico: había unha sentenza do ano pasado polo que non se pode ditar outra diferente este ano, e seguirá a haber ruído. E estase a preparar o maior lago de Galicia, que será artificial, nas Pontes, na mina, … con moitas esperanzas de, por exemplo, potenciar o turismo. Será de auga aceda? A cuestión da contaminación das augas na mina non me quedou clara nin moito menos, dende hai tempo, pero non teño datos, e pode que os ideadores do tema pensen que, ó fin, tamén o mar Negro, dende a súa formación polo ‘diluvio’ está totalmente imposible de acidez por baixo dos -200m, de xeito que é perigoso ata para os submarinos normais, e por riba a xente báñase e ata ten peixes… (non é broma, é acedo por baixo dun nivel aproximado ó dito, e a causa parece ser a putrefacción de materia orgánica ó entrar auga do mar dende o Bósforo ó formarse o mar dun xeito brusco por rotura da contención que daquela o separaba do Mediterráneo)