o galimap.xunta.es/gis é un novo servizo de información da Xunta. entrei por curiosidade na información de Ribadeo. a parte da exptensión, poboación, pequena descrición, etc, aparece, respecto dos serviczos relacionados coa ‘sociedade da información’:
Buzón ou mecanismo que recolle suxestións e queixas – falta (é dicir, o buzón de comunicación suplicante dos administrados destaca pola súa ausencia)
Páxina web -si, téna
Páxina web con rexistro de calidade – non (o que mediatiza o anterior)
Buzóns dos membros de goberno – non aparecen (aínda que teño o correo-e dalgún)
Buzóns dos cargos electos – non aparecen
Enquisas on-line – non (despois de algunhas cousas, para que?)
Boletín electrónico – non
Certificación outorgada por terceiros – si
En outros aspectos:
Enquisa ou control da satisfacción dos usuarios dos servizos – non (en consonancia co xa visto respecto ós sevizos da sociedade da información)
Carta de servizo completamente formalizada – non (entendo que eso significa que non hai unha especificación exacta de servizo do persoal do concello, aínda que espero equivocarme, pois ó fin, por exemplo a administración do concello está dividida e xerarquizada…)
En fin, de seguro que vós poderedes ver máis detalles para unhainformación mínima.