Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

E, para compensar, máis rexas no porto de Ribadeo


…pois si. quen baixe polo porto atopará a terra despexada no vello recheo (só queda unha beira pequena daquela que había preto da lonxa) pero achegada á lonxa pola outra beira, ‘gardando’ unha entrada ó porto de mercadorías, alí atopará unha nova verxa. O peche do porto segue a completarse, tras o raíl para a porta corredoira na entrada dende o Campo.

…seguiremos informado.

Mentres, vai por bo camiño o tema do castro das Grobas: unha nova conferencia sobre os castros do litoral deu a coñecer un patrimonio máis esquecido que coñecido. Que mágoa da feitura do castro balbinense, unha oportunidade perdida de empregar mellor os cartos.

Á beira, un artigo na época de Fraga.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *