Adxunto unha tradución de parte dun artigo de Giampiero di Cristofaro en ‘Scuol@Europa’ (Dec. 2006) que coido convinte para a actual situación en Ribadeo, enfocando o tema non tanto dende a formación ou a diferenza, senón dende a participación social:
“Civis Romanus sum
Con esta afirmación, os antigos romanos declaraban con orgullo o seu sentimento cidadán. Este sentimento de pertenza á comunidade-estado, non sempre presente na sociedade dos países, aínda europeos, é substituído a miúdo dun sentido de pertenza exclusiva ó propio grupo (étnico, político, relixioso ou aínda só familiar)
Que hai común entre o intento dun grupo de xóvenes terroristas ingleses para realizar un atentado sobre avións de liña, os episodios de microcriminalidade que se rexistran de xeito cotidiano na realidade metropolitana (*) e a mala política de moitos administradores locais e nacionais? O común é a ausencia total de do principio de cidadanía activa. Tal concepto asóciase de sempre a un conxunto complexo de dereitos e deberes, sobre a base dunha pertenza a unha comunidade, recoñecida e compartida. É dicir, o ser cidadáns ‘activos’, en grao de poder esixir os propios dereitos, e tamén ‘responsables’, capaces de dar resposta consensuada ós problemas e ás cuestións relacionados coa vida dos individuos nas respectivas sociedades de pertenza. A educación á cidadanía, que pode ser contada, ten necesidade de ser practicada no interior da familia e da escola. (…) A educación para a cidadanía non atinxe só á escola e non pode ser confinada nas aulas.
A scola, por vocación primaria, é e debe ser ‘mestra de cidadanía’, mais serao de xeito eficaz só se é espello dunha sociedade capaz de poñer o tema da cidadanía como un paradigma e corolario da súa propia evolución.
Ser cidadán implica o sentirse integrado na sociedade de pertenza e coñecer e aceptar o outro, o diferente de ti”
(*) Está a falar de Nápoles, cun problema de criminalidade abondo acusado.
En fin, dando novas do blog, é posible que non teña novas contribucións ata a fin de semana. Ata entón logo.