Lembro hai anos ter lido a expresión ‘polígamos sucesivos’ en relación a un concepto que no seu momento eu vin como novo: o feito da existencia do divorcio pemite o emparellamento legal con máis dunha parella, se ben non ó tempo. A parte de que a expresión coido que non é afortunada por exemplo polo feito de que debería incluír a poliandria (ou sexa, o mesmo pero dende o punto de vista das mulleres), a idea quedoume crara. Por eso, a raíz de varias cousas sucedidas en Ribadeo e tamén fóra, coido que se podería cruñar o par ‘ditadura sucesiva’ para o uso no caso daquel xeito de gobernar que permite a aplicación dunha ditadura por un tempo limitado, que pode ser renovado ou polo contrario, cedido para outra ditadura sucesiva / sucesora da anterior. O sistema non ten por que ser perfecto no sentido político: pode suceder que se deixe unha ditadura e o sucesor non sexa ditador, pero o certo é que cando un sistema político comeza a funcionar dese xeito, tende a profundizar na ditadura en períodos sucesivos. Invertir os procesos políticos pode facerse, pero non é doado. de calquera xeito, despois de ler o blog Vida socio-política en Ribadeo, veume á mente un comentario que deixei noutro post anterior dese blog: “De homes é o poder facer realidade os soños.” Pódese facer, pero a pregunta é, farase? Xa o veremos. Intentalo, témolo que facer.
A foto, unha especie de alegoría, na que a torre do Cantón parece como un icono movible por unha grúa. É Ribadeo móbil dun xeito tan sinxelo? Quen manexa os mandos da grúa en tal caso?