Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mar bramante, Cantábrico



Onte o mar era un bramido. o seu berro chegaba ata Ribadeo, aínda que o ruído propio de funcionamento do pobo que quere ser cidade non deixaba oco para escoitalo a non ser que un se parara a facelo. abondo diferente da foto prácida da Pena Furada na entrada da Ría de Ribadeo.
Mentras, parece que Costas derribou o armacén de pescadores de Rinlo, que por certo foi nomeado na xuntanza sobre urbanismo na costa do outro día, para facer un novo mirador. Será algo así como ‘unha de cal e outra de area’ o que practica este organismo?
A nova de hoxe, un día máis da ponte e polo tanto, relaxado de novas políticas, esa comidilla diaria que surte os xornais, foi a feira de Nadal de Ribadeo, que segue a subir, como o manifest que O Tesón solo fóra invitado a poñer un posto o primeiro ano, como comparsa, e logo nin grazas nin desgrazas, senón mutismo, que para algo é do pobo e é asociación de veciós, para construír Ribadeo (cando lle deixan). O certo é que paga a pena achegarse por alí, e máis nestes días desapacibles, nos que merman as alternativas e pode que tamén eso axude a máis concentración na mirada que por alí se asoma.
Adxunto ‘Des-prestige’ (14/1/2003). Foi un artigo sobre o Prestige, ese auténtico desprestixio para a resposta dos poderes públicos que por desgraza foi para a natureza algo máis ca eso.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *