A revisión dunha serie de papeis está a darme sorpresas. Á beira, un titular dunha nova na que particiba eu dando información. O subtítulo, hoxe, cando o alcalde leva máis dun ano refusando reunirse coa mesa de asociacións, produce risa. A lembrar, por se se quere comprobar por exemplo a data, que clicando consíguese unha ampliación da imaxe.
Como notas de prensa, esta vez actuais, está que os hestaleiros de discotecas demandan vixiancia para evitar ‘festas ilegais’ de fin de ano. Coido que non piden a mesma vixiancia cando de producir ruído se trata. Por outra aprte, segue o mal tempo, o que provoca unha rebaixa da ocupación hoteleira, aínda que calquera o diría vendo onte o mercado do nadal, concurrido a tope e no que por certo, o ‘tronco’ que fixeron e deron a degustar non estaba mal (máis ben diría, estaba moi ben…)
Adxunto dous artigos en .jpg:
‘O valor do chapapote’ saiu o 17 de decembro de 2002 en A Mariña/El Progreso, p.2, baixo unha foto cun pé que indicaba que en San Cibrao os skaters construíran unhas rampas e o concello lles permitiu poñelas nunha pista pública…
‘Algo novo baixo o ceo’ saíu no mesmo medio o 18 de decembro de 2001, dando a nova dunha agrupación musical novedosa en Ribadeo, nun exemplar no que a foto de portada tiña como titular ‘Comerciantes de Ribadeo palpan el euro’… e a foto que acompaña ó artigo traerá lembranzas a máis dun.