Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Chorando pola casa da Xuventude (3ª de hoxe)


O 7 de xaneiro de 2005, remato de re-descubrir, á beira dun artigo meu na p.7 de A Mariña/El Progreso, un titular dicía: ‘El alcalde asegura que el municipio vivirá un “gran despliegue” este año’. No texto, entre outras, adiantaba a idea de que as obras do polígono industrial arrincarían en xuño dese ano, o práctico remate da circunvalación dentro do ano 2005, etc… Xa de aquela a Casa da Xuventude estaba rematada, o que deu lugar a algunha pregunta de O Tesón meses despois, e agora, a menos de seis meses das eleccón municipais, esperamos a ver se ése é o momento para a inauguración. Mentras, xeracións de ribadenses sen un centro de atención de ocio apártanse abondo do que sucede en Vilalba, por exemplo, onde se mal non lembro, hai máis de dez anos disfrutan dunha casa da xuventude que leva organizado un sinfín de actividades e mobilizado á xuventude vilalbesa arredor das súas instalacións en troques de noutros lugares menos desexables.
Abaixo, un traballo coido que non publicado (non estou seguro, pero non atopo unha publicación con el, nin en papel nin en internet), e rematado fai uns dous anos…

A historia nazi na súa parte ascendente
Poño á consideración os seguintes puntos:
Os nazis fomentaron grupos ultra e iniciaron unha loita contra a ‘decadencia moral’ nun país tecnolóxicamente avanzado (1ª emisión de olimpíadas por tv) e usando os cartos de empresas poderosas (que pretendían dese xeito controlar o estado).
Nembargantes, o estado tiña que afrontar unha forte débeda externa (débeda da 1ª guerra mundial) cando o NSP (Partido Nacional Socalista), tras unhas votacións con poucos votantes, subeu ó poder en minoría (1933, encabezando unha coalición).
A política distinguiuse por uns cantos puntos básicos, entre outros, a partir da base dunha catástrofe nun edificio simbólico (Reichstag), e contar cun líder que conectaba coa xente, promoveron agresións ó exterior cunha política imperialista e desviatoria da atención cara ó interior e de procura de materias primas, consideraron un pobo como obxectivo a exterminar de xeito preventivo, por ser a causa de tódolos males (xudeus) e crearon campos de concentración.
Ben, de que país se trata? Se consideramos o anterior, incluídas as aclaracións feitas nos parénteses, está craro que é a Alemaña dos anos 30 do século XX; se se suprimen, os Estados Unidos da nosa época cadran perfectamente igual:
Os grupos que defenden que Darwin sexa prohibido nas escolas, por poñer un exemplo de extremismo nun tema equivalente á oposición eclesial a Galileo, son apoiados dende fai anos, ó tempo que o chamamamento a unha moralidade ríxida vai incrementándose e os EEUU seguen a manterse como punta de lanza tecnolóxica a escala mundial.
Os Estados Unidos de Bush son un país con desequilibrio financieiro que ameaza con desequilibrar a economía mundial, incrementado co orzamento necesario para manter as súas fazañas bélicas. O anterior non impide que o seu ascenso fora propiciado por cartos e alianzas co mundo das grandes empresas, que así teñen nas súas mans as decisións que lles afectan tras subir Bush ó poder cun manifesto pucheirazo, e acrecentar os seus votos na reelección tras numerosas irregularidades.
Bush conecta coa xente, alomenos eso nos fixeron ver os medios de comunicación, e o país sufriu o ataque ás torres xemelgas desencadeando, o mesmo que os nazis, unha campaña na que pagaron xustos por pecadores.
Sobre as agresións, dende o xa lonxano Vietnam (por poñer un inicio no medio das numerosas agresións do EEUU no pasado século), a illa de Granada xa está esquecida e Afganistán case, tendo aínda unha morea de soldados alí. Agora o tema é Iraq, este último destruído alegando diversas causas, que manifestaron ser unha cortina de fume para desviar a atención. Mentras, os musulmáns son vistos como sospeitosos e combatidos de xeito preventivo. Tampouco se escapan da lista os campos de concentración (o máis sonado, Guantánamo, pero non o único)
A historia das semellanzas non é perfecta por múltiples feitos, e é que o dito de que nunca se bebe dúas veces no mesmo río é certo porque a agua segue a correr o mesmo que a historia da humanidade. Nembargantes, non deixa de ser inquietante que o desenlace deste anticipo poda ter tamén semellanzas co caso nazi.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *