Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Dous bit sobre a economía e Ribadeo. II)Conclusión


En Ribadeo, ás veces a economía é ‘keynesiana’: fánse actividades e regúlanse polos poderes públicos, competindo coas privadas, e mesmo lle encargan a empresas a súa realización. Outras, é ‘friedmaniana’: que cada un se apañe como poda, desregularizando todo. En calquera caso, temos o funcionamento da teoría dos xogos: quen fai trampas, pode prosperar mellor, e como non todo o mundo (nin moito menos) as fai, a maioría, a velas vir, e ó conxunto de Ribadeo podíalle ir abondo mellor. Para máis detalles, os comentarios que deixaron Ajaspino e Fuji na entrada anterior poden ser abondo aclaratorios.
Nota final: é evidente a simplificación ó límite das teorías expostas e a súa aplicación a un nivel que non é o máis adecuado para elas, e tamén a simplificación das consecuencias. Parece mentira que aínda así, con toda a sinxeleza, sexa a teoría dos xogos a que explique os altibaixos que sofre a elección dunha ou outra das ‘primeiras teorías’, e sexa tamén a máis práctica para a explicación. Faltarían os exemplos para completar o cadro, pero háinos a moreas, polo que coido que non son necesarios, cada un ten unha gama deles. De calquera xeito, se é necesario, poñereinos, o mesmo que unha explicación algo máis polo miúdo, ata que me chegue o tempo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *